de Estevo Creus Andrade
II
"un home epiléptico sen boca
"colócome no centro da paisaxe
con todos os meus artefactos
mirándote diractamente ós ollos
"e deitar o meu seme
sobre tres botellas brancas
"e andas soportando toda a beleza no teu fígado
"a tenrura
e un animal precioso que
se precipita
contra as nubes
"poñer cepos de ferro no areal
construir radares
e deixar que se vaian achegándo os ourizos
"e deixar que se vaian achegando
os ourizos
"cazar lentitude
"pero é imposible perderse
"agora estou no centro
ollando a lentitude dos meus pasos
"detrás de min
todas as cores aseméllanse o azul
"o meu corpo debuxado
con kilómetros de xiz
"a pista onde morren os avións
"un día
caes no útero
e xa tes unha
chantada na retina
"andamios
de Teoría do Lugar
Estevo Creus Andrade
1999
lunes, 10 de agosto de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario